mércores, 28 de febreiro de 2018

Recomendación da semana

Seguimos ampliando o número de usuarios da biblioteca que queren compartir con nós as súas lecturas favoritas. Nesta ocasión é Loli, nai de Lara de 6º A e membro do club de lectura de adultos, quen nos recomenda unha novela que a tivo enganchada desde o seu inicio.

Moitas grazas por colaborar!

E estes días puxemos a rodar polas aulas de Primaria a mochila "Igualdade Primaria I" emprestada polo Cefore de Vigo. Contén contos para traballar a igualdade e acabar cos estereotipos dende idades temperás.



"Cando les un bo libro, nalgún lugar do mundo unha porta se abre para permitir entrar máis luz"
Vera Nazarian

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.