xoves, 1 de marzo de 2018

Lectura e cine

Esta mañá Rebeca e Ánxela, membros do Equipo de Orientación do Cra María Zambrano, chegaron ao noso centro para contarlles varios contos aos raparigos e raparigas de 2º de Primaria. 

Pero as relatoras viñan con sorpresa xa que mentres unha contaba a historia oral, a outra facía o propio na Linguaxe de signos para xordos. Estiveron todos moi atentos e ata tiveron a oportunidade de aprender a signar algunhas palabras.



Moitas grazas, foi un pracer!

E non hai mellor maneira de pasar un día chuvioso que indo ao cine... Ou iso foi o que deberon de pensar os 81 nenos e nenas de Primaria que asistiron esta mesma tarde á Quinta dos Libros para ver a película de animación, Tadeo Jones 2. 
As risas e gargalladas estiveron presentes durante toda a sesión.

 Un cheo absoluto que demostra unha vez máis o poder de convocatoria do cine.

"Que diaño faríamos sen as nosas bibliotecas?"
Khatarine Hepburn

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.