Unha clase de inglés distinta foi a que tivo o alumnado de 3ºA de Primaria na biblioteca. As encargadas de organizala foron Iria, Azucena e Leticia, alumnas de 4º de ESO. Prepararon un concurso adaptado ao nivel dos cativos e cativas, onde repasaron vocabulario relacionado co tempo, coa roupa, días da semana, partes do corpo...
Unha actividade na que os estudantes de ambas etapas educativas saíron reforzados.
Por outra banda, esta mañá Xosé Tomás visitou as escolas de Pías, Fornelos e Novás, do CRA María Zambrano, para realizar co alumnado obradoiros de ilustración.
E se non sabes que facer estes días de choiva, Julián Castro de 4ºB de ESO pode botarche unha man.
" A literatura ensinoume a vivir e a morrer. A facer a guerra e a perdela. A amar e desamar. A comprender que a mente humana esta feita dunha substancia formada de palabras, música, segredos e silencios"
Nuria Amat
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.