xoves, 15 de marzo de 2018

Experiencias compartidas

Na biblioteca hai lugar para aprender idiomas, e non só mediante os libros, senón que tamén a través da práctica.
Alumnos e alumnas de Secundaria empregaron distintos espazos da Quinta para desenvolver clases de inglés.

María Carrera, de 4º de ESO,  impartiu unha clase ao alumnado de 3ºB de Primaria, con vocabulario das partes da casa en inglés.
Outra clase, máis doce se cabe, foi a que houbo na cociña- laboratorio. Alumnos de 4º de ESO prepararon un brownie aos seus compañeiros, explicando a preparación na lingua inglesa.

E Dani Zarco, alumno de 4º de ESO, trouxo a maxia á biblioteca facendo varios trucos, onde tivo que desenvolver a súa rapidez, axilidade...e tamén a súa soltura en inglés.

Quen non soñou algunha vez con chegar á lúa?
O voluntariado da biblioteca achegou este astro, a través dunha escenificación con monicreques, aos raparigos e raparigas das escolas de Novás e Fornelos, do CRA María Zambrano.


A que sabe a lúa é un conto dirixido aos primeiros lectores, que ensina o valor do traballo en grupo para conseguir un obxectivo común. Todos somos necesarios para acadar un mesmo fin, a pesar das diferenzas que aparentemente poida haber entre nós.


"Sós podemos facer moi pouco, unidos podemos facer moito"
Hellen Keller

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.