Alba, Claudia Dorna, Claudia Puertas e Jesica de 5º de Primaria, xunto con Ciara de 6º, léronlle e representaron o libro "Mamá va al cole" ao alumnado de 1º de Primaria.
Unha actividade moi importante tanto para os oíntes coma para as lectoras, xa que ambos grupos saen beneficiados. No caso dos primeiros: melloran a atención, comprensión, a súa capacidade de escoita activa... E as segundas, progresan na súa práctica e expresividade lectora.
E en definitiva, comparten momentos de lectura.
Moitas grazas!
"Un libro é un misterio no que se encontra algo que non se buscaba ou que non estaba ao alcance de ninguén"
Inese Zandere
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.