A primeira parte consistiu nunha sesión conxunta na biblioteca onde se aclararon conceptos radiofónicos, recibiron algún consello para o directo e practicaron a transmisión de mensaxes empregando a entoación axeitada.
Programa Bookcluber, a través do modelo de entrevista.
Os primeiros en participar no laboratorio da radio foron os compañeiros/as do club de lectura de Secundaria. Elaboraron un programa de entrevistas onde recomendaban libros.
Programa: Radio Teatro, a través do modelo de dramatización
Doce alumnos/as do grupo de teatro "A Mata" interpretaron dúas escenas da obra que representarán ao final do curso.
Programa: Potenciar a contorna. Modelo informativo
Partindo da alfabetización documental e das competencias ALFIN/ AMI o alumnado de 6º de Primaria, que son axudantes da biblioteca, elaboraron un programa publicitario e informativo de O Rosal.
E recordamos que para escoitar os programas de A Voz da Mata, tedes que entrar na plataforma IVOOX , tamén accedendo directamente dende a web do cole.
"A radio é un medio sen medo xa que chega a todo o planeta a través da novas tecnoloxías"
Julia Otero
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.