Raúl, alumno de 4º ESO, comezou a facer unha serie de programas que se chaman "As historias de Raúl" no que nos conta vivencias e historias galegas. Tamén se animou entrevistando a algún compañeiro.
O alumnado de 4º A de Primaria fixo un precioso programa de poemas moi ameno titulado "Poemas para o tempo".
Os nenos/as de 2º de Primaria fixeron un programa contando as experiencias máis importantes que viviron no que vai de curso, "Os mellores momentos deste curso".
Todos estes programas podédelos escoitar na plataforma IVOOX, buscando A Voz da Mata. Na páxina web do centro atoparedes a ligazón para escoitar os programas, podedes facelo premendo aquí.
Aproveitamos para ensinarvos o novo equipamento para a radio. Trátase dun monitor máis grande para poder abrir varias fiestras á
vez e un reprodutor de CDs.
E xa está todo preparado para ter mañá a xornada de formación de radio para o alumnado, a cargo de Rede Espora.
"Para min a radio é emoción, ton e improvisación"
Isabel Gemio
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.