venres, 6 de abril de 2018

A comezos de abril, as mochilas volven saír

Durante os vindeiros días estes once usuarios da Quinta gozarán en familia das seleccións de libros, música e películas incluídas nas mochilas viaxeiras que esta mañá saíron da biblioteca.


Boa viaxe!
Ciara é unha nena de 6ºA que se incorporou ao centro a finais do curso pasado. É natural de Namibia e a súa lingua materna é o inglés. Gracias a esta voluntaria da biblioteca, o alumnado de 1º de Primaria puido escoitar esta mañá na biblioteca un conto en lingua estranxeira.




"Os contos teñen que poder lerse en alto con naturalidade e fluidez."
Astrid Lindgren

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.