A ilustración e mensaxe do cartel correspondeulle facelo a Letonia. A imaxe é de Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. A escritora encargada do texto foi Inese Zandere, poeta e activista da promoción da lectura, quen titula a súa mensaxe:
Os libros fan grande o máis pequeno.
Para conmemorar este día o voluntariado da biblioteca da aula de 6º B leulle un conto dos Bolechas aos máis novos do colexio. Ao remate, cada neno e nena de 1º de Primaria levou un exemplar da obra creada por Pepe Carreiro.
"Un libro infantil representa o respecto pola grandeza do máis pequeno. Representa un mundo que se crea de novo unha e outra vez."
Inese Zandere
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.