A segunda parte da xornada consistiu nun percorrido, en grupos, polo andar onde están situadas a maioría das aulas de Secundaria. Tamén visitamos o pavillón de deportes, a aula de Tecnoloxía, a aula de Plástica, a aula de apoio, o despacho de Orientación e por suposto, a radio.
E a radio acolleu, ademais, a cinco grupos de reporteiros de 5ºA de Educación Primaria. Elaboraron cadanseu programa de radio: lectura dun conto, unha lenda, parte meteorolóxico para os vindeiros días, chistes e adiviñas.
Foi unha sesión moi especial na que gozamos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.