xoves, 31 de maio de 2018

Grape Club

Esta tarde o Grape Club abriu de novo as súas portas. Aínda que naceu como un club de jazz, esta vez acolleu un recital poético musical moi variado. 

O espírito das orixes do noso club estivo presente na figura dunha das grandes voces do jazz, Ella Fitzgerald. Foi precisamente dela, de quen tomamos prestado o nome para o proxecto de centro que tivo a figura da muller como tema principal.

Vivimos unha tarde moi especial, onde as protagonistas foron as palabras, a música e as emocións.

Gracias a todos os que seguen implicándose nesta gran aventura!


"Onde hai amor e inspiración, nada pode saír mal".
Ella Fitzgerald

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.