O traballo do voluntariado da biblioteca foi recentemente recoñecido como exemplo de boas prácticas, resaltando a "calidade e interese das actividades que desenvolven". Por este motivo, a Asesoría de bibliotecas escolares ofreceunos un obradoiro relacionado coa narración oral e a lectura expresiva, a cargo de Charo Pita. Esta mesma mañá a actriz, cantante e contadora de historias chegou á Quinta para darlles aos nosos axudantes uns consellos para pór na práctica.
Aprenderon moito e dunha forma divertida!
E pola nosa parte, só dicirlle aos nosos axudantes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.