martes, 5 de xuño de 2018

ELLA ten faces

Seguimos mostrándovos o traballo que o Departamento de Plástica xunto con alumnos e alumnas de Secundaria están realizando no centro para deixar o rastro do proxecto ELLA, que ten como tema central a visibilidade da muller.

Henar Barbosa ilustra na aula de convivencia á primeira muller afroamericana piloto da historia, Bessie Coleman.

David Álvarez debuxou a María de Maeztu, pedagoga e humanista vitoriana na aula de apoio.
 
 Carlos Nogales encárgase de plasmar na aula de idiomas á primeira muller en presidir o Parlamento Europeo de Estrasburgo, a francesa supervivinte do Holocausto, Simone Veil.
E a física gañadora do premio Nobel, Maria Goeppert-Mayer quedará ilustrada no centro gracias a María Mariño.
                                    
"As mulleres aínda temos moito que reivindicar".
Simone Veil


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.