xoves, 14 de xuño de 2018

A Voz da Mata queda inaugurada

Onte inauguramos oficialmente a nosa radio escolar, un espazo no marco do programa Radio na Biblio, impulsado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. 
 Para tal acontecemento contamos cunha madriña de excepción, a escritora e xornalista, MARÍA SOLAR.

A comunicadora foi entrevistada por un grupo de alumnos/as de 3º da ESO, na aula da radio. Compartiu con nós os seus inicios neste medio, destacando as características e calidades da radio. Ademais, profundizou noutras das súas múltiples facetas, como presentadora de televisión e escritora; e deu a súa visión sobre o papel da muller no mundo da comunicación
Podedes escoitar a entrevista completa, na seguinte ligazón.


Deseguido, as autoridades e convidados procederon ao acto inaugural celebrado na biblioteca. 

Uns nerviosos voluntarios da Quinta, de 6º de Primaria, exerceron como "mestres de cerimonias".


E se falamos da radio, non podía faltar a música ligada a ela. Amenizaron o acto Ana María, exalumna do centro; a súa nai, a nosa querida compañeira Nieves Álvarez; e Noé Barbosa, alumno do 6º de Primaria e voluntario da biblioteca.


Interviron os representantes e autoridades. E por último, a nosa convidada estrela conquistou aos asistentes co seu discurso e espontaneidade, manifestando a súa paixón pola radio e o poder infinito deste medio.

Como peche da xornada asistimos á inauguración oficial da aula da radio.

Podedes ver o resumo desta tarde tan especial para toda a comunidade educativa, no seguinte vídeo.

A VOZ DA MATA, queda oficialmente inaugurada.

"A radio é unha ferramenta moi importante. Con ela aprendemos a escoitar, a ser rigurosos, a falar en público... O seu uso vainos servir para toda a vida".
María Solar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.