martes, 12 de xuño de 2018

As regueifas escóitanse na Quinta

Esta mañá tivemos a visita do Caruncho e Pinto de Herbón, dous regueifeiros que pretenden impedir que estas disputas dialécticas en verso queden en desuso.

Despois da primeira quenda de obradoiros, Caruncho e Pinto foron entrevistados na radio por tres voluntarios da biblioteca.


Á volta, seguiron ensinando a improvisar en verso. Nesta ocasión aos nenos e nenas de 5º. 

E para rematar, esta regueifa de Lucas (6ºA).


Gracias Pinto e Caruncho,
polas risas e alegrías,
este foi un bo obradoiro
xa nos vemos outro día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.