martes, 26 de xuño de 2018

Convivencia entre ondas

Os días 18, 19 e 20 de xuño tivo lugar a nosa convivencia co IES Perdouro de Burela. Comezamos o noso contacto con eles a través da radio escolar e tivemos a ocasión de coñecernos nestes días. Recibimos a 23 alumnos/as e dous profesores, e fixemos un montón de cousas xuntos.

O día 18 recibímolos na Quinta dos Libros. Despois tamén foron recibidos pola alcaldesa, acompañada por dúas concelleiras, na casa do Concello. Grazas a Mari, Charo e Mabel por un acto moi especial.

O día 19 participaron nos distintos obradoiros programados no centro para ese día, incluído o da radio, no que tivemos a ocasión de compartir espazo radiofónico e boas experiencias.


Fixemos un xantar nas Aceñas e visitamos os Muíños do Folón e Picón, ademais de subir o Monte Tegra e pasear polo porto da Guarda.




O día 20 fomos á praia do Muíño, na Guarda, e fixemos un xantar de despedida no centro.



Tanto o alumnado de Burela como o do Rosal viviron unha experiencia marabillosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.