Cultivamos o traballo en equipo, destacando o bo labor da muller ao longo dos anos.
Introduxemos novos izos experimentais como a radio e a colleita non puido ser máis satisfactoria.
Agora estamos con labores de expurgo, actualización e na busca de novas sementes que permitan, a partir de setembro, agromar situacións para compartilas coa gran familia que formamos A QUINTA DOS LIBROS.
"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela.
Hai que volver para contar,
para facer da viaxe relato...".
Xabier P. Docampo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.