xoves, 7 de xuño de 2018

Gravando!

O alumnado de 4º A de Primaria estivo na radio gravando un audio para un vídeo sobre Marie Curie. Traballaron moito, son uns auténticos profesionais!



Os rapaces/as de agrupamento de 1º da ESO remataron a súa serie de entrevistas a persoas especiais da contorna. Nesta ocasión, foi a quenda de Lucía, a orientadora do centro. Vivimos unha boa experiencia!


E parte do voluntariado de 6º de Primaria gravou fai unhas horas, un audio para un vídeo sobre a traxectoria de María Solar, a polifacética escritora e comunicadora que inaugurará A Voz da Mata a vindeira semana.


Unha xornada moi radiofónica que demostra as posibilidades que ofrece este medio, e o entusiasmo dos seus usuarios/as.

"Quero escribir en galego e non ter barreiras no mundo!"
María Solar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.