Tamén falamos dos usos actuais que teñen os drons que van máis aló que ser un simple xoguete, por exemplo para a gravación de imaxes, para facer envíos, en situacións de emerxencias e incendios, para buscar persoas, fins arqueolóxicos e xeolóxicos, para a investigación... moitos usos descoñecidos na nosa sociedade.
Non deixan de ser obxectos que voan, polo que hai que ter moi clara a normativa vixente ao respecto. Non se poden voar drons en todos os lugares: De feito en España é bastante restritivo o espazo onde os podemos ver voar.
Así que se tes un dron, infórmate primeiro sobre a normativa vixente e goza xogando coa tecnoloxía de forma segura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.