Hoxe visitounos Iria Misa, escritora de Gondomar, licenciada en Filoloxía inglesa e profesora no IES San Paio de Tui.
Iria falounos dos libros que escribiu: Xa non estou aquí, Segredos no Solpor e "Mamá, quero ser Ziggy Stardust".
Contounos como se fixo escritora e os temas dos que trataban os seus libros, ademais animounos a ser escritores. Hai que ler moito e poñerse a escribir sen ningún medo.
Nos seus libros toca temas moi actuais e variados: a transexualidade, o misterio, amores novos...
Desde aquí queremos darlle as gracias a Iria pola súa visita e animarvos para que leades os seus libros.
Tamén lle fixemos unha entrevista na Voz da Mata, a nosa radio.
Moitas grazas, Iria, por visitarnos e contarnos as túas experiencias!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.