Para comezar o novo ano, tivemos unha visita moi especial. Tivemos o privilexio de que Álvaro Gago viñera ao noso centro a presentar a súa curtametraxe "MATRIA", premiada no prestixioso certame Sundance, co premio do xurado e nominada aos premios GOYA, na categoría de mellor curtametraxe.
Visualizamos a curta con moita atención e despois puidemos facerlle preguntas. Explicounos como xurdiu a curtametraxe, como a rodou, falounos doutros dos seus traballos... Matria é un filme que fala do machismo, do maltrato e desigualdade da muller, da dura vida de Ramona, que lle dá voz a moitas mulleres que viven situacións similares. Está encadrada no entorno natural de Vilanova de Arousa e transcorre arredor dunha fábrica conserveira da zona.
Ademais, moi amablemente, prestouse a que desde a nosa radio A Voz Da Mata, o alumnado lle fixera unha entrevista.
MOITAS GRAZAS!
Foi un pracer que estiveras no noso centro. Encantounos a túa curtametraxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.