martes, 2 de abril de 2019

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Desde a biblioteca, sumámonos á celebración do Día Mundial de Concienciación Sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril e que nos parece moi importante. 
No recreo proxectouse un vídeo de explicación sobre o TEA e repartíronse lazos azuis, cor que simboliza este día. O vídeo axúdanos a comprender mellor este trastorno e as características das persoas que o padecen, así como a respectalas e axudalas. O vídeo que se proxectou foi este: 



Foi unha actividade moi bonita e, coma sempre, os cativos da escola, participaron e implicáronse na actividade.  Aquí podedes ver o resultado:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.