martes, 2 de abril de 2019

Intercambio con Burela

Os días 28, 29 e 30 de marzo, trece alumn@s do 

voluntariado do Proxecto Radio na Biblio e dúas

 profes, Bea e Loli, participaron nun intercambio

 co IES Perdouro de Burela. No mes de xuño do 

2018, eles pasaron tres días con nós no Rosal e, 

nesta ocasión, os nosos alumnos-as tiveron o 

privilexio de visitar Burela.


Fixemos moitas actividades e pasaron uns días de 

convivencia. O IES Perdouro ten unha ampla 

experiencia en Radio Escolar co seu Proxecto 

Neo. Coñecémonos pola Radio e agora xa nos 

 queremos! 


Foi unha experiencia marabillosa e temos que 

agradecer o esforzo que fixeron en Burela por

 facer que estiveramos coma na nosa casa.

 Principalmente a Karina e Bernardo, dous

 profesionais vocacionais e cunha calidade 

humana incrible dos que aprendemos moitísimo.

 Seguiremos en contacto!


No seguinte vídeo podedes ver esta estupenda 

convivencia e as actividades que fixemos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.