xoves, 31 de outubro de 2019

Escape room na biblio!

Para conmemorar o Samaín, a clase de 5ºA, organizou un escape room terrorífico!
Foi todo un éxito!


martes, 29 de outubro de 2019

Gravación dos relatos de terror do concurso A Voz da Mata

Onte gravamos, na Voz da Mata, os dous Relatos de Terror gañadores no concurso organizado pola nosa Radio entre o alumnado de 5º e 6º EP.
Son dous relatos que dan moito medo! Ideais para esta semana do Samaín.

Parabéns as nosas pequenas escritoras!

Se queredes escoitar o programa, entrade na nosa canle en IVOOX.



Entrega de Premios do Concurso de Relatos de Terror da Voz da Mata

Xa fixemos entrega dos premios do II Concurso de Relatos de Terror da Voz da Mata
As gañadoras quedaron moi contentas co seu agasallo. Tamén gravarán os seus relatos na Radio. Poderedes escoitalos en IVOOX.
Parabéns rapazas! 
Grazas por participar!




Obradoiro de manualidades terroríficas

Para celebrar a semana do Samaín, alumnas de 1ºESO, ofreceron un obradoiro de manualidades para crear as criaturas máis terroríficas.
Fixeron pantasmas e arañas monstruosas e preciosas!



luns, 28 de outubro de 2019

Concurso de relatos de terror

Desde a equipa de biblioteca e desde A Voz da Mata, convocouse un concurso de relatos terroríficos para 5º e 6º de primaria. 
A verdade é que o nivel foi moi alto... pero as gañadoras son....

Podedes ler os seus relatos a continuación.



domingo, 27 de outubro de 2019

Gañadores concurso de Fotografía e texto

Despois dunhas duras votacións e de decorar o cole con todos os textos e fotos participantes os gañadores son: 






Participación do noso centro nas Xornadas de Bibliotecas Creativas. Comunicación e Cidadanía.

O venres, 25 de outubro, tiveron lugar en Santiago as Xornadas da Biblioteca Creativa.
Asistiron Lucía e María Oca e aprenderon un montón de cousas novas para a nosa Biblioteca. Estivo xenial!
Tamén participamos cunha intervención preparada polo noso equipo de Radio na Biblio, que levou a Santiago a coordinadora da radio.  
Explicamos a produción do podcast que levou un premio no I Concurso de Podcast de Radio na Biblio, no pasado curso, e que falaba dos Cabaqueiros do Rosal e compartimos mesa cunhas compañeiras fantásticas!
Foi unha moi boa experiencia. 
Agradecemos a Bibliotecas Escolares ofertarnos a oportunidade de dar a coñecer o noso traballo!





venres, 25 de outubro de 2019

Mochilas viaxeiras

As nosas mochilas xa andan de viaxe polos fogares do Rosal. 
Ti xa pedíches a túa? Cal escolliches?
A terrorífica? A cociñeira? A deportiva?... temos de todos os temas! 
Gozade con elas!




Obradoiro de ilustración con Xosé Tomás


Dentro da semana da biblioteca, o noso dire, ofreceu un obradoiro de ilustración no recreo, para os máis cativos do cole. 
Foi todo un éxito! 
Queredes saber que personaxes agochan un triángulo, un cadrado un círculo e unha pataca? Pois mirade o vídeo!
Moitas grazas Xosé Tomás!


xoves, 24 de outubro de 2019

Novas formas de facer dictados

As mestras, Cristina e Ana, coa aula de 6ºA, para celebrar o día da biblioteca, organizaron na biblioteca un dictado por relevos e mergullaronse nas diferentes palabras e regras ortográficas. 
Repetiremos esta actividade seguro!


mércores, 23 de outubro de 2019

Formación Radio para profesorado do centro


Hoxe, un grupo de 17 profes, quedamos a xantar no centro e tivemos unha sesión de formación para aprender como traballar coa radio.
A formación levouna a cabo o Equipo de profes da Voz da Mata.
Foi moi divertido e aprendemos un montón de cousas!


martes, 22 de outubro de 2019

Contacontos 2º de Primaria

Na hora de ler, tres alumnos de 1ºESO, Nadia, Inés e Khaled, léronlles contos aos alumn@s de 2º de primaria.
A experiencia foi moi bonita!
Repetiremos seguro!
Moitas grazas aos lectores expertos que leron para os cativos do cole.


luns, 21 de outubro de 2019

Proxección curtametraxe

Como primeira actividade, nesta semana da biblioteca, proxectamos no recreo a curtametraxe titulada "Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore". 
É unha curtametraxe de animación americana, gañadora do Óscar á mellor curta en 2011. Está codirixido por William Joyce e Brandon Oldenburg
Está inspirada en Buster Keaton, O Mago de Oz e o Amor polos libros. Trátase dunha historia sobre xente que adica a súa vida á lectura e sobre os beneficios que se obteñen dela.
Tivemos moita afluencia de público durante a proxección. 
Por se non puideches pasarte pola biblio neste recreo, podedes pinchar neste enlace para velo.







Concurso de fotografía e texto

Dende a equipa de biblioteca, propúxose un concurso de Fotografía e Texto en relación co noso proxecto "Quinta do Minho", para conmemorar o día da biblioteca que se celebra o 24 de outubro.
As bases do concurso foron as seguintes: 

Neste concurso participou practicamente todo o alumnado do colexio, enchendo o cole de fotos e textos marabillosos! 

Parabéns para tod@s! Fixestes un traballo precioso!

O cole está fermosísimo!
Queredes velos? 
No seguinte vídeo tedes o resultado.



Semana da biblioteca

Para conmemorar o día da biblioteca, esta semana vén cargada de actividades!
Non perdas ningunha!

Ademáis o timbre musical está inspirado nos libros!



Tardes de cine

Mañá darán comezo as nosas sesións de cine para a rapazada!
Comezaremos co alumnado de primaria coa proxección da película DUMBO, de Tim Burton. 
É unha adaptación da película animada de Walt Disney do ano 1941 e está protagonizada por Colin Farrell, Eva Green, Michael Keaton Danny De Vito e Alan Arkin.
Non a perdades!
Martes 22 de outubro das 16:00h ás 18:00h




venres, 18 de outubro de 2019

Primeira sesión de cine para adultos!

Onte comezou de novo O clube de Cine de adultos co visionado da película "Carmen e Lola". 
Esta proxección está enmarcada dentro do proxecto VÍA. Foi unha tarde-noite estupenda con bo cine, boa merenda e un faladoiro interesantísimo. En decembro xuntarémonos de novo para gozar do bo cinema!
Grazas á ANPA por colaborar sempre nesta actividade!

xoves, 17 de outubro de 2019

Formación de usuarios na Voz da Mata

O mércores 16 de outubro alumnos e alumnas da ESO recibiron formación en radio para ser autónomos e facer gravacións de programas nos recreos. Quedamos a xantar no cole e fixemos un curso intensivo do uso da nosa radio. Foi estupendo!
Xa temos cinco equipas preparadas para gozar dos seus programas!
A GRAVAR!!!!

venres, 11 de outubro de 2019

Out Coming Day Out

O pasado venres 11 de outubro unímonos á celebración do Out Coming Day Out
O colectivo VÍA foi o encargado da súa organización, levando a cabo unha figuración da saída dun armario. 
A actividade foi todo un éxito!



 




mércores, 9 de outubro de 2019

Biblioteca Creativa

Temos outra boa nova! 
A nosa biblioteca foi seleccionada para participar no programa da xunta de bibliotecas creativas. Con este proxecto introducirémonos no mundo da robótica e a linguaxe de programación. 

martes, 8 de outubro de 2019

Súper Novidade!

Temos o privilexio de ter ADICADO o novísimo exemplar "Indómita e a semente da inmortalidade" de Alex Mene. 

“O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome.”
Indómita está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela. A rapaza deberá abandonala e baixar os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.
O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.

 Ven coñecela á biblioteca!



 

venres, 4 de outubro de 2019

O NOSO PROXECTO

Como cada ano, eliximos un tema sobre o que xirarán as nosas actividades e as do centro. 
Neste curso a temática elixida foi o Miño! Sobre el traballaremos todo o curso. 
Xa temos unha área da nosa biblioteca con libros que poderán ser de utilidade para o noxo proxecto.
O título é... QUINTA DO MINHO!


xoves, 3 de outubro de 2019

NOVIDADES

Abrimos as nosas portas cun montón de novidades. 
Ven  visitarnos para coñecelas!


mércores, 2 de outubro de 2019

Formación de usuarios

A semana pasada, a mestra Lucía, explicounos o funcionamento da biblioteca. 
Nesta presentación tedes todo o necesario para coñecer as normas de uso da biblioteca. 
Se tedes algunha dúbida podedes consultar con calquera mestre do equipo de biblioteca.


martes, 1 de outubro de 2019

ABRIMOS DE NOVO AS NOSAS PORTAS

Hoxe abrimos as portas da nosa Quinta dos Libros!
Con moita ilusión e moitos cambios!!
Ven visitarnos para ver todas as nosas novidades!