Hoxe tivemos a gran sorte de poder contar na Voz da Mata co noso conserxe, Carlos.
Descubrimos que non é galego, como chegou ao Rosal e que é un gran músico.
As profes Bea e Lola, do equipo da Voz da Mata, foron as encargadas da entrevista xa que hai que respectar as burbullas. Por iso, esta vez, non son voluntarios-as da Radio os que fan a actividade.
Foi un pracer contar con el e que colaborara neste proxecto.
Tamén quitou a máscara para que o coñezades un pouco mellor!
Aquí tedes unha pequena mostra da súa entrevista.
Se queredes saber máis cousas sobre Carlos e escoitar a entrevista completa, visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
Grazas Carlos por unha entrevista moi especial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.