mércores, 18 de novembro de 2020

"Sen máscaras" Ana Fernández.

 Hoxe, Laura e Sabela de 1º ESO A, fixéronlle unha marabillosa entrevista a Ana, a profe de relixión da ESO, na Voz da Mata.

Descubrimos moitísimas cousas de Ana!

Gústalle moitísimo cantar, bailar, facer teatro, estar cos amigos-as...

 

O día máis feliz da súa vida foi a chegada da súa sobriña Aida e ten unha familia moi musical!

 
Aquí tedes un adianto desta marabillosa entrevista!
 

Se queres saber máis cousas dela entra na nosa canle de IVOOX ou preme AQUÍ.

Moitísimas grazas Ana por facer que gozásemos cunha entrevista fantástica! 

Grazas a Laura e Sabela por

 facelo tan ben!

Grazas ás tres pola vosa xenerosidade!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.