venres, 27 de novembro de 2020

María Oca "Sen máscaras"

 Hoxe tivemos na nosa Radio a María Oca, a nosa coordinadora da Biblioteca, participando no Proxecto "Sen máscaras" da Voz da Mata.

 

Foi entrevistada por dúas alumnas da súa titoría,  

Noela e Eva.

Descubrimos moitas cousas novas sobre ela. En Burgos foi unha pioneira nun grupo de danza tradicional, xa que foi unha das primeiras mulleres que bailou nel e a participación só estaba reservada para os homes. Gústalle moito o seu traballo. Ser profe é unha vocación. Ten pendente unha viaxe a Nova York e levaría a unha illa deserta un exemplar da Biblia... Se queredes saber por que e máis detalles da súa vida, escoitade a súa entrevista visitando a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

Como adianto da entrevista podedes ver o seguinte vídeo.

Moitas grazas a Noela e a Eva por facer unha entrevista moi especial na que María contou tantas cousas!

 Grazas, María por abrir tan xenerosamente o teu corazón neste proxecto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.