Hoxe visitou A Voz da Mata Patricia. Foi entrevistada por Valeria e Greta de 1º ESO.
Descubrimos moitas cousas dela. É unha grande lectora, a súa familia é moi especial para ela e ser nai foi unha experiencia que lle cambiou a vida. Vive esta pandemia con moita prudencia e está moi contenta no noso centro.
Vivíu un tempo en Huelva e bota de menos as súas amizades de alí.
Se queredes saber máis cousas da profe de Bioloxía da ESO, escoitade a súa entrevista completa na nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
Neste vídeo tedes un adianto da entrevista con Patri.
Moitísimas grazas, Patricia por unha entrevista chea de emocións!
Grazas a Valeria e a Greta por facelo tan ben. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.