mércores, 9 de decembro de 2020

Elena "Sen máscaras"

 Hoxe, pechando o noso Proxecto "Sen máscaras" tivemos na Voz da Mata a Elena, a profe de EPVA do CPI. Tamén coordina o grupo VIA, o de Normalización Lingüística, o de Espazos Educativos... e outros moitos proxectos que están en marcha no centro.

Non se pode ser máis activa e dinamizadora!

Estivo acompañada por Daniela e Aarón, dous dos seus alumnos, que lle fixeron un feixe de preguntas interesantes.


 Contounos que a súa nai é sueca e o seu pai era madrileño. É unha grande artista e a escultura forma parte da súa vida! Darío, o seu fillo, é moi importante para ela. Goza con estar cos amigos-as, nadar, atender o seu xardín...

É unha muller positiva e faladora. A perda do seu pai foi algo moi triste para ela. Ademais, ten moitos soños por cumprir!

Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

No seguinte vídeo tedes un adianto da entrevista.

 Grazas, Elena polo teu compromiso coa Voz da Mata e por apoiar sempre o noso traballo!

Grazas, Daniela e Aarón! Estamos encantados-as de poder contar con vós como novos voluntarios da nosa radio!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.