Rematamos hoxe o noso Proxecto "Sen máscaras". Estamos moi felices co resultado!
Agora sabemos moito máis das persoas coas que convivimos. Non só a súa cara, tamén coñecemos parte do seu interior.
Os profes do CPI somos diferentes pero con moitas cousas en común, todos-as queremos as nosas familias, para os/as profes que somos nais e pais os fillos-as son a nosa preocupación e ocupación. Algúns somos máis activos e outros máis tranquilos, o noso tempo de lecer está cheo de sorpresas e atopamos talentos ocultos de todo tipo. Poderiamos montar unha orquestra co profesorado e o persoal non docente do CPI!
Algo que compartimos todos e todas é o moito que gozamos coa nosa profesión e con traballar co marabilloso alumnado do Rosal. O persoal non docente tamén está encantado de compartir o seu traballo cos rapaces e rapazas desta vila.
Dende A Voz da Mata queremos dar as grazas a todos-as os compañeiros-as que participaron neste Proxecto.
Grazas por ser tan xenerosos-as! Grazas por abrir os vosos corazóns, sodes moi valentes!
A cambio levades a recompensa de vivir esta experiencia, de compartir co voso alumnado un anaquiño da vosa vida persoal.
45 voluntarios-as da Radio participaron no Proxecto, alumnado de Primaria e da ESO. Grazas!
Sodes estupendos-as!
Para rematar, tedes polos corredores do centro este póster con todas as fotos dos/das profes participantes.
Esperamos que vos guste!
Estade moi atentos-as!
Tamén temos que dar as grazas aos oíntes da Voz da Mata e ás familias do Rosal pola grande acollida que tivemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.