xoves, 3 de decembro de 2020

María, a nosa orientadora. "Sen máscaras"

 Hoxe tivemos unha convidada moi especial na Voz da Mata, a nosa orientadora María.

 
Fixéronlle a entrevista Lucía e Soraya, de 1º ESO.

 Contounos cousas interesantes. Goza moitísimo coa música, tivo moitos momentos bos na súa vida pero tamén levou un golpe moi duro que a marcou para sempre. 
Ten unha paciencia infinita, ás veces ata ela queda abraiada da moita que pode ter. Encántalle pasear pola zona vella de Compostela e se chove, mellor. Encántalle o seu traballo e o seu desexo é que remate esta pandemia.

Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede aquí.

No seguinte vídeo tedes un adianto do que foi a entrevista.

 Moitísimas grazas, María por participar neste proxecto con tanto entusiasmo!

Grazas a Lucía e Soraya por un traballo estupendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.