Hoxe tivemos na Voz da Mata a Carlos, profe de Ciencias Sociais, participando no noso Proxecto "Sen máscaras"
Marta e Manuel, de 4º ESO, foron os encargados de facer esta entrevista.
Carlos contounos que é de Ourense, fillo de emigrantes e naceu en Alemaña.
Ten moitos talentos ocultos, hai unha faceta musical nel moi interesante, fixo algún que outro traballo na TVG e ata compuso algún tema para outros artistas.
É gaiteiro, non ten medo a nada, é moi positivo e alegre. Un soño por cumprir é realizar unha viaxe a Exipto.
Foi un pracer contar con el, con Marta e con Manuel na nosa radio!
Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede aquí.
Neste vídeo tedes un adianto da entrevista.
Grazas aos tres por unha marabillosa entrevista!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.