martes, 1 de decembro de 2020

Tomás "Sen máscaras"

 Hoxe tivemos na Voz da Mata o noso dire, Tomás.



Lea e Noé foron os encargados de entrevistalo. Foi un programa moi agradable no que Tomás contounos moitas cousas interesantes sobre a súa experiencia persoal e profesional.


Descubrimos que estivo en Nixeria, que ter os seus fillos foi un volcán de emocións, que coñece a súa muller dende os 7 anos e que o de ser ilustrador é algo que vive con moita ilusión. Ten moitos proxectos novos e ganas de visitar Nova York.

Tomás mostrouse moi aberto co seu alumnado e ata nos falou da súas inquedanzas como director do CPI.

Se queredes escoitar a entrevista completa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.

Neste vídeo tedes un adianto da súa entrevista.


Grazas a Noé e a Lea pola súa espontaneidade e por unha entrevista tan interesante.

E grazas a Tomás por colaborar e apoiar este proxecto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.