O xoves, día 17 de xuño, o alumnado de 4º de EP tivo a honra de coñecer e desfrutar do poeta Antonio García Teijeiro.
Unha marabillosa e divertida experiencia que levou a profesorado e alumnado a construír pequenos versos dun xeito construtivo a partires dunha palabra elexida ao azar polo alumnado.
Fantástico obradoiro da poesía que converteu ao alumnado e profesorado en poetas en momentos de maxia coas palabras.
Nos derradeiros momentos da actividade sorprendemos ao escritor cunha placa conmemorativa para darlle nome ao novo recuncho da Mata: O Bulevar Antonio García Teijeiro.
GRAZAS, Antonio García Teijeiro!!!
Actividade organizada polo Club de Letras.
Preme aquí se queres ver máis fotos e vídeos da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.