mércores, 20 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". Laura!

 Hoxe estivo na nosa radio, A Voz da Mata, a profe Laura. Dous alumnos seus, Cibrán e Manu, fixéronlle unha entrevista no marco do Proxecto "Sen máscaras" que estamos a realizar no CPI.

Foto de Paula G.Robaliza Comunicación"

 Laura contounos moitas cousas interesantes. 

 Ten unha saga favorita de libros "Los caminantes", trata sobre os derradeiros días da nosa civilización tal e como a coñecemos. Vai de pandemias e de mortos vivintes!

 Está moi orgullosa da súa familia e as cadelas son a súa paixón!

Practica CrossFit!

Se queredes escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.

Nos seguinte vídeo tedes un adianto da entrevista a Laura!

 Moitas grazas a Laura por participar neste proxecto.

 Moitas grazas a Cibrán e Manu, de 2º ESO A, por ser uns reporteiros fantásticos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.