mércores, 20 de outubro de 2021

Taller de Rock na Mata!

 Hoxe tivemos na Mata a visita dun grupo de rock moi "auténtico".

O  alumnado de 4º A EP recibiu a visita de tres lendas do rock. Aprenderon os diferentes instrumentos que forman parte dunha "verdadeira" banda: a batería, o baixo e a guitarra.

 Ademais puideron coñecer grupos lexendarios, coma Os Rolling Stones, The Kiss, AC DC, The Queen...ou a cantantes coma Elvis Presley.

 
  Xogaron a recoñecer os grupos e as cancións e o resultado foi espectacular. Son uns auténticos especialistas en música rock. 
 Abride a orella para escoitar todo o que se fixo.
 

O taller de rock está en marcha. Seguiremos informando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.