venres, 22 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". María.

 Seguindo co noso Proxecto "Sen máscaras", hoxe visitou a nosa radio a profe María. Ela é titora de 4º B EP.

 Este é o seu primeiro curso no centro e esperamos que sexan moitos máis xa que é de Oia e vive agora na nosa vila.

 María ten unha familia moi numerosa. O seu pai é profe coma ela e a súa nai perruqueira.

Encántalle ir pasear ao monte co seu can, ler e os deportes acuáticos.

 Gústanlle as pelis de Marvel.

É moi perseverante e loitadora!

Gustaríalle, nun futuro, dar clase na universidade para formar a novos-as profes!

Se queredes saber máis cousas de María premede AQUÍ.

No seguinte vídeo tedes unha mostra desta fantástica entrevista!

 Grazas a Martín e a Laura por ser uns reporteiros fantásticos!

 E grazas a María por colaborar neste proxecto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.