Hoxe fixémoslle unha entrevista, na Voz da Mata, a Alba, a profe de 5º A EP.
Os reporteiros foron Martín e Suevia, dous alumnos da súa titoría.
Dentro do noso Proxecto "Sen máscaras" quixemos coñecer a Alba un pouquiño mellor.
Alba é de Vedra, un pequeno concello que está preto de Santiago de Compostela.
Contounos que quere e bota moito de menos á súa familia.
Ten dúas cadelas que se chaman Siba e Cora.
O sei pai é músico e cantante. Grazas a el coñeceu unha canción que é das súas favoritas: "Here comes the sun" dos Beattles.
Gustarialle nun futuro ser nai e rematar un doutoramento que ten pendente.
Se queredes saber máis dela escoitade a entrevista completa premendo AQUÍ.
No seguinte vídeo podedes ver un anaquiño da entrevista de Alba.
Grazas a Suevia e Martín por unha entrevista fantástica!
E grazas a Alba por colaborar co Proxecto "Sen máscaras" e estar sempre disposta a participar en calquera actividade da nosa Radio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.