venres, 22 de outubro de 2021

Proxecto "Sen máscaras" Esteban!

 Hoxe estivo, na Voz da Mata, o profe Esteban

 Chegou novo este ano e está definitivo no centro. É profe de Lingua Castelá na ESO.

 Foi entrevistado por dúas alumnas da súa titoría, Ainoa e Zaira, unhas fantásticas reporteiras de 4ºESO.

 Contounos que lle gusta moitísimo facer deporte, practica moitas disciplinas.

Gústalle moito ler e tamén escribe. Está a piques de rematar a súa primeira novela!

É moi familiar e goza dos bos momentos con eles e cos amigos!

Gústalle moito a música! "Héroes del silencio" es uno de sus grupos favoritos.

Se queredes escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un adianto da entrevista de Esteban!

 Moitísimas grazas a Ainoa e Zaira por unha estrevista estupenda!

E grazas a Esteban por ser tan xeneroso con nós e contarnos cousas tan importantes para el.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.