mércores, 10 de novembro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". Mila e Rita!

 Hoxe, na Voz da Mata, tivemos unha tarde moi especial.

Mila e Rita, a nosa Presidenta da ANPA e a Secretaria da mesma, participaron no noso Proxecto "Sen máscaras"

Foi moi emocionante porque os entrevistadores foron os seus fillos.

 Icía é filla de Mila e David fillo de Rita!



Houbo moitos momentos especiais porque, á vez que os oíntes, Icía e David coñeceron cousas que non sabían das súas nais...

Foi un verdadeiro "Sen máscaras".

 Mila contounos o importante que foi para ela conseguir o comedor escolar e Rita falounos do valorada que se sentiu na ANPA do centro. 

As dúas están moi contentas de facer este servizo, tan importante, á comunidade educativa.

 Houbo tamén risas e ata pensamos en como gastar os cartos se tocara a lotaría de Nadal da ANPA!

Se queredes escoitar a entrevista completa premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un adianto da entrevista.


Moitísimas grazas a Mila e Rita por esta tarde tan especial!


Moitas grazas a Icía e David por colaborar nesta actividade e por ser os mellores entrevistadores para esta ocasión!

Non hai mellor xeito de pechar as entrevistas sen máscaras deste curso.

Aínda que este proxecto é moi fermoso, non queremos repetilo para o vindeiro curso, iso quererá dicir que xa non temos que levar máscara e que a pandemia rematou!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.