mércores, 10 de novembro de 2021

Proxecto "Sen máscaras". Rafa!

 Hoxe tivemos, na Voz da Mata, ao profe Rafa. É novo no centro e ten un cargo directivo, é o Xefe de estudos de Primaria.


Fixéronlle unha entrevista Ángela e Xoel de 5º A EP. Foron marabillosos como reporteiros! 

Contounos que é de Vigo. Ten dous fillos xemelgos e unha filla máis pequeniña ca eles.

Gústalle moito a súa profesión!

Toca varios instrumentos musicais, é un home moi talentoso.

Gústalle moito a película "O padriño" e a súa canción favorita é "Better things" do grupo The Kinks.

Dalle un pouco de medo coller avións pero ten o propósito de superalo!


Se queredes saber máis cousas de Rafa escoitade a entrevista completa premendo AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un anaquiño da entrevista a Rafa.


Grazas aos tres por unha entrevista moi agradable na que poidemos coñecer un pouco máis ao profe Rafa. 


GRAZAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.