sábado, 17 de maio de 2014

Premio para o noso blog

Somos gañadores do PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS na súa VIII EDICIÓN, na categoría de blogs bibliotecas escolares. Coñecemos a noticia vía twitter. Os alumnos dos Programas de Capacitación Profesional Inicial Especial de Navarra eran os encargados de anunciar os nomes dos premiados.  Grazas rapaces por comunicarnos a boa nova. E grazas ao xurado por concedernos este premio e recoñecemento.

 

Lectores e usuarios da Quinta dos libros, parabéns!
Felicidades a cada un de vós e grazas. Sodes os protagonistas desta biblioteca que traballa día a día para que os nenos e as nenas do Rosal gocen das historias, dos libros, da ilusión... Este recuncho na rede é voso e este premio é para vós. 

4 comentarios:

  1. Parabéns e graciñas a vós. Necesitamos moitas boas noticias coma esta. Apertas grandes.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns! Que ben!
    Este recoñecemento é moi importante.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns!!! Premio merecidísimo por este pedazo de blog que reflexa un gran traballo. É un auténtico pracer que poidades representar a tódalas bibliotecas galegas.
    Un saúdo moi agarimoso dende a Carballeira de Lourizán.

    ResponderEliminar
  4. Os lectores e os usuarios da quinta estamos encantados con esta boa nova.
    É un orgullo recibir un premio e tantas mostras de cariño e admiración. Grazas a todos os que nos felicitaron no blog, por correo ou en persoa.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.